InicioDeportesA Deputación lembra as axudas a rallyes como o da Mariña

A Deputación lembra as axudas a rallyes como o da Mariña

A Deputación de Lugo lembra o seu ompromiso con esta proba.

Publicada o

A Deputación de Lugo lembrou este mércores os compromisos adquiridos co Rally da Mariña en edicións anteriores. Foi durante a presentación na Praza de San Marcos do vehículo co que o equipo do piloto Luis Vilariño competirá no campionato europeo de rally, o FIA European Rally Championschip (ERC), a competición de automobilismo máis importante despois do mundial.
Será a primeira vez que un equipo galego afronte integramente o campionato, un proxecto deportivo que conta co apoio da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. “Mantemos diferentes liñas de axuda ao automobilismo, co apoio a probas emblemáticas como o Rally San Froilán ou a creación do Rally da Mariña, a as bolsas para pilotos ou o Volante Deputación, que permite aos pilotos noveis iniciarse neste deporte. Co apoio a este proxecto damos un paso máis e apoiamos a participación galega na competición máis importante despois do mundial”, explicou o deputado Efrén Castro.
O deputado de Deportes destacou “a visibilidade que a competición dará ao automobilismo e ao deporte galego e lucense, grazas a súa retransmisión por Eurosports e ao impacto que o campionato ten nas redes sociais”.
RALLY DA MARIÑA
A II edición do Rallye RECALVI Mariña Lucense celebrouse en decembro do pasado ano e foi a última proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2020. A súa base estivo no Concello de Viveiro e transcorreu tamen polos concellos de O Vicedo, Xove e Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...