InicioDeportesO Pescados Rubén FSF cede os tres primeiros puntos da tempada na...

O Pescados Rubén FSF cede os tres primeiros puntos da tempada na pista do Futsi

O equipo burelés perde en La Estación (5-2) e queda cun punto de vantaxe sobre o segundo

Publicada o

- Advertisement -

Gañou o “clásico” quen máis o necesitaba. O Pescados Rubén Burela FSF perdeu a súa imbatibilidade na Liga Foro 16 Feminismo ao caer en La Estación, a pista do Atlético Futsi Navalcarnero (5-2).

O cadro madrileño, segundo clasificado, recorta a un punto a diferenza colleitada polas burelesas nas nove primeiras xornadas de Liga, nas que non cederon un só tanto.

Con todo, as discípulas de Julio Delgado e máis Lucas seguen á fronte da clasificación da máxima categoría.

Ariane adiantou ás locais cun tanto ao que axiña respostou Peque. A tres minutos para o descanso, Bruna desequilibrou de novo o marcador a prol do conxunto branquivermello.

Ao pouco de comezar o segundo tempo, Amelia anotou o 3-1 e o Burela FSF apostou polo xogo de cinco para tentar limar a diferenza no marcador.

Non tivo acerto para acadalo e o Futsi puxo máis terra de por medio no electrónico por medio de Ariane de penalti, un tanto que sentenciaba o duelo a cinco minutos do desenlace.

No derradeiro minuto do partido, Amelia conseguiu o seu segundo tanto e Luci marcou o segundo gol das burelesas.

VINDEIRA XORNADA

O Burela FSF terá outro partido esixente a vindeira fin de semana. Recibirá en Vista Alegre ao Alcorcón.

O equipo madrileño mantense unha tempada máis na zona alta, caracterizado polo seu talento individual. Sen embargo, non foi quen de dar o salto de calidade preciso como equipo para pelexar polo título.

As galegas Vane Sotelo e Nerea Moldes destacan, xunto a Ballesteros, no conxunto amarelo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...