Foz acollerá a segunda xornada da Liga Galega de Halterofilia de 2022

Case un cento de levantadores desprazaranse até Foz o día 30 de abril para disputar este campionato.


A Liga Galega de Halterofilia 2022 celebrará a súa segunda xornada en Foz, nas instalacións Quenlla Crossfit.

O encontro terá lugar o 30 de abril desde as nove da mañá con entrada gratuíta. O Quenlla Crossfit acolle estas xornadas de halterofilia logo de levar mes e medio aberto. Espérase a chegada de case un cento de levantadores para disputar a Xornada de Liga Galega de Clubes e a Copa Galega de Clubes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here