InicioEconomíaA ostra do Eo volve aos mercados

A ostra do Eo volve aos mercados

Os ostricultores operan de novo despois de máis dun mes de marea vermella na ría

Publicada o

- Advertisement -

As ostras do Eo volverán ao mercado o xoves tras máis dun mes de incerteza. O sector recupera a normalidade despois de que a Dirección General de Pesca autorizase onte a extracción do molusco, suspendida pola marea vermella que afectou a toda a cornixa cantábrica.

Os ostricultores volveron onte ao traballo para extraer o bivalvo que, segundo establece a normativa, ten que pasar polo menos 48 horas nas depuradoras antes de comercializarse.

Entre mañá e o xoves sacarémolas a venda”, explica María Antonia Fernández, bióloga da empresa Ostrastur, que a semana pasada esgotou o produto dispoñible. “Se é un período curto non temos problemas porque contamos con ostra nas depuradoras, pero o peche alongouse bastante”, lamenta.

o último parón na extracción data de 2011, pero durou unha semana

A actividade suspendeuse o pasado 19 de abril, apenas dúas semanas antes do Festival de la Ostra de Castropol e nunha época de crecemento da demanda despois dos meses de inverno. A ría de Ribadeo non sufría un episodio similar desde 2011, cando se decretou o penúltimo peche por unha marea vermella. Con todo, a suspensión mantiverase apenas unha semana.

CAUSAS

Este fenómeno natural desencadéase pola proliferación de certos tipos de microalgas potencialmente nocivas para as persoas que as consumen a través da carne dos moluscos. “Para que este crecemento alcance niveis tóxicos na ría teñen que coincidir diferentes factores relacionados coa temperatura, os ciclos das mareas ou as direccións da correntes mariñas. Estas circunstancias, conxuntamente, poden facer que estes microorganismos se concentren e permanezan na auga.

“As condicións da ría, na que unha parte moi importante da masa de auga se renova coa subida e a baixada das mareas, contribúe a que estes episodios sexan menos frecuentes que, por exemplo, nalgunhas rías galegas do Atlántico”, comenta Carmen Rodríguez, bióloga do Centro de Experimentación Pesquera (CEP) de Castropol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...