Os transportistas desconvocan o paro de subministración a Ence

Afirman que a empresa "abriuse á negociación", que se desenvolverá desde o 15 de xaneiro

Transporte de madeira a Ence. AXM

A Plataforma en Defensa do Transporte de Madeira por Estrada de Galicia e Asturias anunciou este xoves que desconvoca o paro de subministración ás fábricas de Ence en Navia e Pontevedra.

Faino porque “a empresa papeleira abriu unha vía de negociación de todos os puntos entre o 15 e o 25 de xaneiro“, en resposta á folga e para “evitar o desabastecemento nas súas sedes”.

Así, a plataforma agarda que a partir do 15 de xaneiro “comece unha nova etapa na relación de Ence cos seus provedores, a fin de mellorar as condicións laborais e de seguridade reclamadas“.

ESIXENCIAS

Os traballadores reclamaban melloras nas condicións de seguridade nas descargas e que o camioneiro despedido por enfrontarse a uns ciclistas volvese ao posto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here