(VÍDEOS) Cargas policiais contra o milleiro de obreiros de Alcoa que se concentra en Madrid

Traballadores de San Cibrao participaron na protesta ante a sede do Ministerio de Industria

Traballadores de San Cibrao e A Coruña, na concentración. TWITTER/MAREA ATLÁNTICA

Un milleiro de persoas -traballadores e familiares- concéntranse desde as 11.30 horas ás portas do Ministerio de Industria en Madrid para demandar ao Goberno central “que sexa valiente” e “interveña” contra os peches que Alcoa planificou para as plantas da Coruña e Avilés.

Unha representación de traballadores da fábrica de San Cibrao sumouse á protesta, na que participan persoas chegadas nunha vintena de autobuses desde Galicia e Asturias.

Durante a protesta vivíronse momentos de tensión. A Policía tentou evitar que os traballadores se achegasen á sede do Ministerio, preto do Paseo da Castellana, e que cortasen esta mesma vía, o que derivou en cargas policiais e enfrontamentos.

O presidente do comité de empresa da planta da multinacional do aluminio na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, reclamou ao Executivo que sexa “valiente” para evitar o peche de dúas fábricas nas que traballan 686 obreiros e das que dependen uns 2.000 empregos indirectos.

Na concentración participaron tamén deputados de Unidos-Podemos-En Comú-Marea, como Alberto Garzón, Yolanda Díaz y Alberto Rodríguez. O deputado no Parlamento galego Xosé Luis Rivas, “Mini”, do BNG, tamén estivo presente na cita.

DÍA CHAVE

Os sindicatos marcaron este martes 8 de decembro como día chave para a solución do ERE extintivo. Ás 15.00 horas haberá unha reunión con directivos da multinacional e ao longo da tarde haberá outra con representantes de Industria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here