InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa San Cibrao deberán refrendar o preacordo, que inclúe...

Os obreiros de Alcoa San Cibrao deberán refrendar o preacordo, que inclúe prexubilacións na planta

Alcoa fala de 106 posibles reubicacións de empregados de Avilés e A Coruña na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa afirmou que o preacordo alcanzado cos sindicatos contempla un conxunto de medidas que ofrecen solucións de emprego, prexubilacións ou recolocacións a 355 empregados dun total de 623 traballadores indefinidos, máis do 50% do persoal das plantas de Avilés e A Coruña.

O preacordo recolle o mantemento da actividade das fundicións das dúas plantas e da torre de pasta da Coruña e a continuidade de 205 empregos, 114 na Coruña e 91 en Avilés, segundo informou a compañía.

A multinacional do aluminio asumirá ademais o custo de rearrancar as cubas de electrolise por un máximo de 40 millóns de euros (20 millóns de euros por planta) se se concreta unha oferta de compra antes do 30 de xuño.

BAIXAS INCENTIVADAS EN CERVO

O pacto contempla ademais reubicacións vinculadas a un plan de baixas incentivadas nas plantas de alúmina e aluminio de San Cibrao, condicionado a que os representantes dos traballadores de dita planta acepten o plan.

Poderán adherirse os traballadores de 57 anos ou máis ao 31 de decembro de 2018, cun complemento que, sumado á prestación por desemprego, alcance as porcentaxes seguintes: de 57 a 59 anos, o 74% do salario anual bruto ata os 64 anos, e de 60 ata 65 anos, o 78% salario anual bruto ata os 65 anos.

Estas baixas incentivadas xerarían vacantes para empregados de Avilés e A Coruña nos mesmos grupos funcionais, que se distribuirían de forma equitativa entre as dúas plantas. Potencialmente poderían recolocarse ata 106 empregados, segundo explicou a compañía.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...