O Goberno compromete un estatuto para as electrointensivas antes de eleccións

O rexeitamento dos orzamentos do Estado e a posibilidade de eleccións fan temer aos traballadores sobre a aprobación do proxecto do Executivo

Fábrica de Avilés. AXM

EFE. A delegada do Goberno en Asturias, Delia Losa, asegurou este mércores que o Ministerio de Industria aprobará “dure o que dure a lexislatura” o Real Decreto que fixe o estatuto para as empresas electrointensivas, de xeito que “ningún vaivén político altere o proxecto de reflotar as plantas de Alcoa“.

Ás preguntas dos xornalistas sobre se o rexeitamento aos orzamentos e un posible adianto electoral poderían afectar ao estatuto, Losa precisou que o Ministerio pretende aprobar “por Real Decreto o maior número de medidas deste estatuto para que sexa útil para reverter” a situación de empresas como a multinacional do aluminio.

Segundo explicou o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Manuel Gómez de la Uz, o Ministerio asegurou a Losa durante a xuntanza mantida en Oviedo que o borrador do mencionado estatuto “estará enriba da mesa a mediados do mes de marzo“.

Segundo Losa, “todas as medidas que dependan exclusivamente do Ministerio serán aprobadas por decreto o antes posible para que ningunha circunstancia política altere o proceso”.

PROTESTA

Máis dun centenar de traballadores da planta de Avilés en Alcoa concentráronse ante a sede da Delegación do Goberno en Asturias para esixir unha solución á situación das factorías de Avilés e A Coruña, ameazadas de peche.

SERIES PARADAS

Os traballadores de Alcoa na Coruña e Avilés afrontaron nas últimas horas momentos difíciles co apagado das series de electrolise.

“Xa non se fabrica máis aluminio en Avilés e é un día moi triste para todos“, lamentou De la Uz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here