InicioEconomíaO Goberno acorda tramitar de urxencia o estatuto para as electrointensivas

O Goberno acorda tramitar de urxencia o estatuto para as electrointensivas

A figura legal recoñece e compensa aos grandes consumidores de enerxía e a súa aprobación foi sinalada polos sindicatos como vital para o futuro das plantas de Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Consello de Ministros autorizou a tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación do Real Decreto polo que se regula o Estatuto do Consumidor Electrointensivo, figura legal que ten como obxectivo mitigar os efectos dos custos enerxéticos sobre os grandes consumidores de enerxía.

A comezos de mes, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, comprometeuse a levar o estatuto do consumidor electrointensivo ao Congreso dos Deputados en menos de dous meses e a tramitalo en menos de tres, para que poida contribuír á procura dun investidor disposto a mercar as plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña antes do 30 de xuño.

Con todo, os traballadores da planta da multinacional en San Cibrao sinalaron como vital para o futuro da fábrica a aprobación do estatuto. Os sindicatos do complexo industrial cervense aseguraron ao longo dos últimos anos que, de non gozar a empresa dunha tarifa eléctrica asequible e estable no tempo, a factoría “só ten futuro a curto prazo”.

O estatuto busca recoñecer as particularidades de aqueles consumidores eléctricos que contan cun elevado uso da electricidade, un alto consumo en horas de baixa demanda eléctrica e unha curva de consumo estable e predecible, segundo sinalan desde o Ministerio.

En concreto, o estatuto determinará a caracterización dos mencionados consumidores atendendo a variables vinculadas, por exemplo, ás pautas e volume de potencia e enerxía demandadas, así como á súa contribución potencial a unha mellor xestión técnica e económica do sistema eléctrico.

Ademais, desenvolverá os mecanismos de aplicación a curto prazo e marcará a senda doutros instrumentos a longo prazo, aos que se poderán acoller estes consumidores para mitigar os efectos dos custos enerxéticos sobre a súa competitividade, de acordo coa normativa comunitaria.

A finais de xaneiro, o Ministerio abriu o período de consulta pública do proxecto do Real Decreto que regulará o estatuto, co obxectivo de compilar as opinións das empresas que se verán afectadas pola normativa.

COMPROMISO DO EMPREGO

Comisións Obreiras (CC OO) pediu que o futuro estatuto da industria electrointensiva inclúa para as empresas que se acollan a este instrumento un compromiso de mantemento do emprego e da produción, que evite deslocalizacións como as da multinacional do aluminio Alcoa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...