Crean o Foro Económico da Mariña para impulsar a competitividade na comarca

A entidade, que vén de constituirse como asociación sen ánimo de lucro, pretende consolidarse como "punto de encontro para o empresariado e a cidadanía"

Inés López Couto, presidenta do recén constituído Foro Económico da Mariña. AXM

Un novo axente intervirá no debate socioeconómico na comarca. Trátase do Foro Económico da Mariña, que ven de constituirse como asociación sen ánimo de lucro.

A entidade, que comeza a súa andaina, pretende consolidarse como “punto de encontro do empresariado e da cidadanía da bisbara”, explica Inés López Couto, á fronte dun proxecto promovido por un grupo de seis persoas “con inquedanzas e opinións comúns acerca do tecido produtivo” mariñao.

aspira a propiciar un intercambio de experiencias e coñecemento que impulse a competitividade

“Hai sectores que xeneran moita riqueza pero que poderían ser aínda máis importantes”, valora a economista, que considera que o “intercambio de experiencias” a través dun espazo como o que constrúen pode xenerar propostas que “impulsen a competitividade“.

“É un traballo que ninguén está a facer, e que cremos que resulta necesario porque temos un empresariado moi disperso”, continúa.

REALIZACIÓN DE ESTUDOS

O Foro tamén nace coa vocación de “crear coñecemento”, impulsando “estudos” sobre a realidade socioeconómica da comarca e sobre o seu potencial produtivo.

“O sector da madeira ten moita importancia na comarca, sen embargo non hai unha industria transformadora que xenere valor engadido”, expón López Couto, que sinala a falta de comunicacións axeitadas como unha das grandes eivas da bisbarra.

“o empresariado teno moi difícil nunha comarca na que non se pode circular a máis de 90 qM/h”

“Nunha comarca na que non se pode circular a máis de 90 quilómetros por hora, o empresariado teno moi difícil”, denuncia.

PROXECTOS

O Foro Económico da Mariña ultima a actividade coa que inaugurará a súa andaina, ao tempo que traballa na posta en marcha dunha web e de perfís en redes sociais, que empregarán cun propósito divulgativo.

ENTIDADE ABERTA

A nova entidade fai tamén un chamamento á colaboración de empresas ou persoas que queiran colaborar ou achegar propostas. “Somos un proxecto aberto“, conclúen.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here