InicioEconomíaViveiro contará cun stand en Turexpo Galicia

Viveiro contará cun stand en Turexpo Galicia

O Concello organizará unha mostra sobre a Semana Santa e unha degustación de merluza do pincho

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro contará cun stand en Turexpo Galicia, o salón turístico que se celebrará en Silleda durante esta fin de semana. O posto servirá para dar a coñecer o atractivo turístico do municipio, e contará coa presenza constante do persoal da oficina de turismo.

Segundo explicou o goberno local, o concello contará cun stand propio no que se ofrecerán folletos promocionais e no que haberá unha pantalla de grandes dimensións nas que se proxectarán vídeos que resaltan as calidades turísticas do municipio e tamén a tradición da Semana Santa viveirense. Sobre esta celebración organizarase ademais unha exposición na que se mostrará material das confrarías.

Ademais, os visitantes do stand de Viveiro poderán desfrutar da gastronomía local, cunha degustación de 300 racións de empanada de merluza de Celeiro que está prevista para o sábado, ás 13.00 horas.

O Concello agradece a colaboración nestas iniciativas da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e de Puerto de Celeiro.

BOLSA DE TRABALLO

A concellería de turismo ofreceu aos hostaleiros de Viveiro a posibilidade de rexistrarse nunha bolsa de traballo que permitirá que os hoteis rexistrados na mesma concerten xuntanzas cos distintos tour operadores presentes na feira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...