A frota, sobre “fichar”: “o pescador de altura debe contar o tempo de descanso entre faenas?”

O patrón maior de Burela e presidente da Federación de Confrarías, Basilio Otero, cre que a intención do Goberno de incluír o sector na Lei de rexistro laboral é "unha toleada"

Pesca do bonito do norte nun barco do País Vasco. WWF

EFE. As confrarías de pescadores non cren que podan cumprir coa obriga de “fichar” durante as súas labores no mar e cren que a súa inclusión na Lei de rexistro de xornada laboral do Goberno central é “unha absoluta toleada” que, ao seu xuízo, mostra un “total descoñecemento” sobre este traballo.

Así o asegurou este xoves, en declaracións a Efe, o patrón maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Basilio Otero, trala confirmación que obtiveron o pasado luns por parte do Ministerio de Traballo de que o seu sector tamén ten que cumprir con esta normativa, recentemente aprobada.

Otero pregúntase se o pescador que vai a altura ten ou non que contabilizar o tempo de descanso que hai entre as faenas en alta mar, ou como pode rexistrar unha pequena embarcación as xornadas se unha semana non pode saír por mal tempo.

Aínda que considera que a norma é “un despropósito“, expresou a súa confianza en que o Executivo socialista finalmente “entre en razón”, porque tal e como está redactada, “non se pode cumprir“.

PIDEN UNHA REUNIÓN

As confrarías e os armadores están a redactar un escrito que enviarán ao Ministerio de Traballo co obxectivo de acadar unha reunión para abordar este asunto.

CADA DÍA, “UN HORARIO DIFERENTE”

O secretario xeral da Confederación Española de Pesca (Cepesca), Javier Garat, sinalou este mércores nun encontro con medios que é “imposible” cumprir con esta obriga, porque “a vida no mar é diferente da que se desenvolve en terra”.

Na súa opinión, é unha “barbaridade” porque hai barcos que poden estar “máis dun mes” en alta mar e nos que “cada día é un horario” diferente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here