InicioEconomíaA Xunta estudará reordenar as parcelas do polígono de Cuíña para acoller...

A Xunta estudará reordenar as parcelas do polígono de Cuíña para acoller novas empresas

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, solicitou a revisión do parcelario á conselleira de Medio Ambiente e Territorio, Ángeles Vázquez

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantiveron este xoves unha reunión na que o rexedor municipal solicitou unha reordenación das parcelas do polígono empresarial de Cuíña, a fin de acoller novos proxectos na área empresarial.

Segundo expón a Xunta de Galicia nun comunicado, Vázquez trasladoulle a Villares o compromiso de estudar e analizar a posibilidade de levar a cabo unha reordenación do parcelario actual, co fin de verificar que se poden agrupar os metros cadrados necesarios para aposta en marcha de distintas instalacións.

OCUPARASE O IGVS

Neste sentido, o Instituto Galego de Vivenda e Solo asumirá os traballos previos que permitan contrastar a viabilidade da proposta, así como os procedementos precisos para que, no seu caso, se poda levar a cabo a reordenación do ámbito para conseguir un mellor aproveitamento e máis facilidade para a implantación de novas actividades.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...