Volve anticiparse o peche da campaña do bonito, fixado para o 27 de agosto

O Ministerio de Pesca decretou o peche da costeira ao esgotarse a cota de 16.620 toneladas da que dispoñían os buques españois

O buque Ramón Estefanía. MARINE TRAFFIC/JAVIER CX9AAW

Ministerio de Pesca decretou o peche da costeira do bonito a partir do 27  agosto, un novo final anticipado para a campaña despois de que o ano pasado a cota se esgotara tamén en agosto, case un mes e medio antes do que viña sendo habitual. No 2017, o executivo central pechou a costeira o 13 de outubro e no 2016 a pesca do túnido rematou o día 5 dese mesmo mes.

O peche establécese ao completarse a cota de 16.620,68 toneladas asignada aos buques españois para este 2019. A partir das 00.00 horas do vindeiro martes, os pesqueiros só poderán descargar as cantidades capturadas e declaradas antes desa data.

A MESMA SITUACIÓN CA NO 2018

Repitese así a situación da campaña pasada cando, a frota de Burela lamentou o abrupto peche da pesquería, dada a abundancia do peixe. Os empresarios sinalaron que os Totais Admisibles de Captura (TAC) estiveron “moi por debaixo” do que “permitía” a situación biolóxica da especie.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here