InicioEconomíaFeijóo: "Se non hai solucións para Alcoa, A Mariña entrará na maior...

Feijóo: “Se non hai solucións para Alcoa, A Mariña entrará na maior crise da súa historia”

O presidente da Xunta aumenta a presión sobre o Goberno central e asegura que sen electricidade máis barata, a comarca ten que "prepararse para o peor"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, alertou este xoves sobre a situación de Alcoa se non se atopa unha solución enerxética para a multinacional que permita manter activa a planta de San Cibrao. “Se non hai solucións, A Mariña Lucense entrará na maior crise da súa historia”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado ao respecto.

Así, apelou á necesidade de “enfocar o asunto” e buscar solucións para a única factoría de España que produce aluminio primario. Tamén apuntou ás medidas fiscais como vía, na liña do que manifestou no Parlamento este mércores: urxe o estatuto das electrointensivas.

Aínda que rexeitou ser “descortés” coa ministra de Industria, Reyes Maroto, por vir dar “algunha explicación” a Alcoa nun asunto que é “competencia do Ministerio de Transición Ecolóxica”, Feijóo censurou que o Executivo expuxese na factoría que “se está traballando nun estatuto (para as electrointensivas) pero que non pode aprobalo e non queira ensinalo“.

DEPRESIÓN INDUSTRIAL

“Alá eles, só é necesaria unha resposta: se se vai a manter o prezo da enerxía eléctrica para Alcoa nos termos nos que se pagaba antes de 2018″, indicou, para engadir que, se a resposta é “si”, a Mariña lucense poderá “durmir tranquila“. Se é que non, o presidente apuntou a unha crise industrial na zona e, se non hai resposta, apelou a “prepararse para o peor” igualmente.

Neste sentido, criticou ao PSdeG-PSOE por dicir “que a culpa é da Xunta”, cando, insistiu “o principal responsable é o Goberno de Pedro Sánchez”. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...