A pesca artesá contará cun plan de acción con horizonte 2030

Este venres pechouse en Ribadeo unha nova edición da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

Interfederativa do Cantábrico-Noroeste. AXM

O Parador de Ribadeo acolleu unha nova edición da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico-Noroeste, que concluíu o pasado venres coa habitual xuntanza cos representantes das Administracións autonómica e estatal.

Os representantes das oito confrarías do caladoiro (Guipúskoa,
Biskaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Galega) abordaron o xoves temas de interesante para o sector, como de novo os descartes, os permisos e diferentes criterios de peche da pesquería do bonito do norte, o regulamento OMNIBUS, o futuro dos fondos FEMP, a situación da sardiña ibérica ou os cupos de cabala propostos polo ICES. Podes consultar as súas conclusións nesta ligazón. 5INTERFEDERATIVA_CONCLUSIONES1++

Mantendo a dinámica de anteriores edicións, na mañá do venres organizouse unha reunión
de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras
de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico, na que participou a Secretaria
Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz Iglesias, e a conselleira de Mar, Rosa Quintana, entre outras autoridades.

Quintana precisou que Galicia contará cun plan de acción para a pesca costeira artesá, que verá a luz en 2020 con horizonte 2030 e que atenderá aspectos como a gobernanza e xestión pesqueira, a investigación, a mellora do sector e a avaliación das pesqueiras, a conservación do medio mariño e a eficiencia da frota. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here