InicioEconomíaFeijóo reafirma que Alcoa San Cibrao está "en risco" de peche

Feijóo reafirma que Alcoa San Cibrao está “en risco” de peche

O presidente da Xunta presiona de novo ao Goberno central e sostén que A Mariña Lucense "está na situación máis complicada das últimas décadas"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reafírmase en que a planta de Alcoa en San Cibrao está “en risco” de peche e critica ao Goberno central que non concretase “solucións” para esta factoría.

Feijóo lamentou que trala visita da ministra de Industria, Reyes Maroto, ao complexo industrial da multinacional no concello de Cervo pasaron “xa varios días e non hai información sobre o prezo da tarifa enerxética“.

O presidente inistiu en que “cada minuto que pase” é “un minuto máis de extraordinaria complexidade” para Alcoa. “Non esaxeraba cando dixen no Parlamento que hai risco de peche”, engadiu.

A Mariña Lucense está na situación máis difícil das últimas décadas. Merecemos un respecto. Ou hai tarifa eléctrica de forma inmediata ou, cada día que pase, será un día menos de Alcoa”, afirmou.

Alcoa anuncia un plan de axuste para cinco anos que prevé desinvestimentos e peches de plantas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...