Os obreiros de Reymogasa continuarán coas protestas a vindeira semana

Mobilizaranse os días 4, 6, e 7 de novembro pola subrogación de 65 traballadores tras renunciar a empresa ao seu contrato de mantemento mecánico en dixestión da planta de alúmina

Terceira protesta dos traballadores de Reymogasa. AXM

Os traballadores de Reymogasa anunciaron este xoves que ao longo da vindeira semana continuarán coas súas protestas, os días 4, 6 e 7 de novembro.

Este mesmo xoves, co apoio de traballadores de Alcoa, os obreiros marcharon de novo desde os vestiarios da auxiliar ao complexo industrial da multinacional en San Cibrao, para reclamar a subrogación “nas mesmas condicións laborais” dos 65 empregados que facían tarefas de mantemento mecánico no departamento de dixestión da planta de alúmina.

Reymogasa renunciou a este contrato de servizos e o comité de empresa dise “excluído” das conversas entre empresas para a asunción do persoal. Deste xeito, manterán as manifestacións ata que non teñan garantías de que os 65 afectados serán subrogados coas mesmas condicións laborais.

NA DEFENSA DE 65 EMPREGOS

“Vémonos na obriga de saír á rúa para defender os nosos postos de traballo e para que se nos escoite, pois excluíusenos dunha negociación que xa comezou e da que se nos informa tarde e mal“, explican os sindicatos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here