InicioEconomíaUnha solución para Alcoa, na "axenda galega" da que "depende" o apoio...

Unha solución para Alcoa, na “axenda galega” da que “depende” o apoio do BNG á investidura de Sánchez

Os nacionalistas consideran que "combater a desindustrialización" de Galicia é "unha demanda irrenunciable"

Publicada o

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), compareceu este xoves ante os medios de comunicación para informar de que calquera apoio dos nacionalistas á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno estará supeditada a unha “axenda galega” que contempla “demandas irrenunciables” para esta provincia, como unha solución para Alcoa, a mellora da conexión ferroviaria ou o fin da autovía a Santiago.

“Unha vez pasadas as eleccións xerais“, precisou Arroxo, cando o PSOE busca apoios para a investidura de Pedro Sánchez, a “posición do BNG vai depender” de que os socialistas “acepten unha axenda galega”.

Dentro desa “axenda galega”, precisou, “o BNG de Lugo vai lanzar unha serie de propostas que teñen que ir incluídas”, como a procura dunha solución á difícil situación que está atravesando nestes momentos a principal empresa da provincia, a planta que a multinacional Alcoa ten en Cervo, cuxo futuro está condicionado polo prezo da enerxía eléctrica.

Rubén Arroxo. LUGOXORNAL

“Son miles de postos de traballo” os que están en xogo, dixo Arroxo, quen opina que existe un proceso “de desindustrialización” que “hai que combater”, porque “non pode ser que Galicia se vaia desindustrializando progresivamente”.

Ademais, o BNG esixirá a finalización da autovía Lugo-Santiago, “unha infraestructura que hai que terminar xa”, así como a mellora da seguridade na contorna da Nacional-VI, incluída a construción dunha “gran rotonda de acceso” a Lugo a través de Alfonso X.

Outra demanda será “a mellora das frecuencias ferroviarias, para que Lugo non se quede atrás nesta materia”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...