Os traballadores de Muebles Hermida cobran medio mes de agosto xusto antes do Nadal

Os 97 empregados da empresa laurentina tiveron así un pequeno respiro nunhas datas que se presentan complicadas pola incerteza e polos impagos

Nave de Muebles Hermida. FACEBOOK

Os traballadores de Muebles Hermida cobraron este martes medio mes -o de agosto-, dos catro que lles adebeda a empresa de Lourenzá, que solicitou o concurso voluntario de acredores pola súa situación económica.

Os 97 empregados da empresa laurentina tiveron así un pequeno respiro nun Nadal que se presenta complicado. O administrador concursal comprometerase a desbloquear o pago dese medio mes, que asumirá Muebles Hermida, e tramitou as solicitudes dos obreiros ao Fondo de Garantía Social (Fogasa) para cobrar os salarios de setembro, outubro e novembro.

O mes de decembro, segundo concretou o presidente do comité de empresa, Manolo Franco, meterase para xaneiro, o que completaría o tope máximo de 120 días que paga este organismo adscrito ao Ministerio de Traballo.

Á ESPERA DO INFORME DO ADMINISTRADOR CONCURSAL

O persoal segue pendente de elaboración do informe pertinente por parte do administrador concursal, que marcará o devir da empresa. Os empregados seguen crendo que unha venta é a mellor das posibilidades.

A Xunta de Galicia, que achegou subvencións a Muebles Hermida a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), descarta mediar para corrixir o rumbo da empresa, tal e como pediron as tres formacións da corporación laurentina –PSdeG-PSOE, PP e BNG– ou partidos como En Marea.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here