InicioEconomíaAlcoa, peche non, lema do alumeado da casa da cultura de San...

Alcoa, peche non, lema do alumeado da casa da cultura de San Cibrao

Os traballadores acenderon este xoves unhas luces coas que reivindican un futuro para a planta de aluminio, que a multinacional ve inviable

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa acenderon a última hora da tarde deste xoves un alumeado na casa da cultura de San Cibrao que reivindica un futuro para a planta de aluminio, posta en cuestión pola multinacional sen un abaratamento da enerxía eléctrica.

Alcoa, peche non‘ é o lema que deixan ver as luces, penduradas no edificio, ubicado no centro da vila. Anteriormente estiveron colocadas na praza do centro cívico de Xove.

Trala poxa de interrompibilidade, Alcoa manifestou que a fabricación de aluminio primario en España é “inviable” sen un novo marco tarifario para a luz, que a faga máis barata e cun prezo máis estable no tempo. Os traballadores temen que a multinacional presente un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) nunha factoría que dá emprego directo a máis de 600 persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...