InicioEconomía(AMPLIACIÓN) Enfado do comité de Alcoa ao non aprobarse o estatuto no...

(AMPLIACIÓN) Enfado do comité de Alcoa ao non aprobarse o estatuto no primeiro Consello de Ministros

Os sindicatos lembran que a ministra de Industria comprometera a súa aprobación en San Cibrao "nada máis houbese Goberno" e piden "algo sobre o que traballar" na mesa do día 23

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten na Mariña Lucense, José Antonio Zan, recoñeceu que nestes momentos o sentimento é de “moito enfado” dos traballadores co Goberno central por non aprobar no primeiro Consello de Ministros o estauto de empresas electrointensivas.

Zan recordou que na visita que realizou á planta de Alcoa a ministra de Industria, Reyes Maroto, asegurou que a aprobación dese estatuto ía ser tratada como un asunto de “urxencia” cando quedase constituído o novo Goberno, previsiblemente no “primeiro Consello de Ministros”.

Con todo, lamentou o voceiro do comité de empresa, constituído o Goberno e celebrada a súa primeira reunión, segue “nun caixón“.

“Tiña que ir no primeiro Consello de Ministros?, insistiu, ademais de recordar que o próximo 23 de xaneiro celebrarase a reunión a catro bandas -Goberno de España, Xunta de Galicia, Alcoa e comité de empresa- para buscar solucións que permitan garantir a actividade da planta de San Cibrao e a continuidade dos miles de postos de traballo que dependen dela.

“A ver se o sacan axiña”, expuxo o sindicalista, para ter “algo sobre o que poder traballar“.

Ao seu xuízo, “xa non se pode seguir mareando a perdiz semana tras semana”, e menos despois de que a compañía anunciase unhas “malas previsións” para a factoría no ano que acaba de comezar si non se produce unha rebaixa no prezo da enerxía eléctrica. Alcoa anunciou aos sindicatos que prevé perdas de 15 millóns en alúmina e de 70 en aluminio -fábrica na que parou 32 cubas e que ve “inviable” co actual prezo da luz.

CANCELACIÓN DA ASEMBLEA DE PERSOAL

Zan resalta que ao non abordarse no Consello de Ministros a aprobación do estatuto, o comité debeu cancelar a asemblea dos traballadores prevista para o venres 17 de xaneiro.

“A aprobación do estatuto estaba prevista para o venres 10, no primeiro Consello de Ministros que non chegou a celebrarse, e tampouco foi aprobada o martes 14, incumprindo novamente o Executivo o compromiso”, remarca o comité.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...