As lonxas galegas rexistraron o peor ano desde 2005; Burela e Celeiro facturaron seis millóns menos

Segundo Pesca de Galicia, a lonxa burelá moveu 63,7 millóns, mentres que a celeiresa rexistrou un movemento de 44,9

Visita á lonxa de Burela. AXM

As lonxas galegas facturaron o pasado ano 27 millóns de euros menos que no exercicio anterior, segundo detallou a directora xeral de Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, que recoñeceu que 2019 foi “negativo” en desembarcos e facturacións para o sector pesqueiro galego que, no entanto, viuse compensando por “unha nova subida, bastante importante” no prezo medio.

Así o dixo a responsable autonómica en resposta á pregunta formulada polo deputado do Grupo Común da Esquerda Xan Xove durante a Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo da Cámara galega, onde o parlamentario da oposición alertou de que as lonxas galegas rexistraron os seus peores resultados desde o ano 2005 en nivel de facturación.

Segundo os datos de Pesca de Galicia, a lonxa de Burela pechou o exercicio 2019 cunha facturación de 63,715 millóns de euros, pola venta de 17.517.518 quilos de peixe e marisco a un prezo medio de 3,64 euros o quilogramo.

En Celeiro, alixáronse 13.154.149 quilos de produtos do mar, para unha facturación de 44,892 millóns de euros. O prezo medio de venta foi de 3,41 euros. Entre as dúas grandes lonxas da Mariña Lucense, segundo a mesma fonte, moveron 108,607 millóns de euros, seis menos ca no exercicio 2018, cando se superaron os 114.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here