InicioEconomíaExpectación no persoal de Alcoa ante a presentación do estatuto: "se non...

Expectación no persoal de Alcoa ante a presentación do estatuto: “se non é a solución, que porán na mesa?”

O comité advirte dun "problema gordo" se o documento para as electrointensivas, que o Goberno amosará este luns, non equipara o prezo da luz ao doutros países europeos

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Á espera de que esta tarde o Goberno dea a coñecer o contido do estatuto que regulará o funcionamento das industrias electrointensivas, o comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten na Mariña Lucense confía en que este documento sirva para rebaixar o prezo da enerxía, porque pola contra “o problema será aínda máis gordo”.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CC OO), dixo que se ese estatuto non liquida o “problema do prezo da enerxía” e o coloca na media dos demais países europeos para a industria electrointensiva, o futuro de Alcoa pode estar seriamente comprometido.

“Se levamos un ano e pico esperando por ese estatuto e non soluciona o problema da enerxía, imos atoparnos cun problema moito máis gordo”, asegurou Zan.

Nese sentido, recordou que ata agora se fiou a solución ao problema á aprobación dese estatuto, pero si resulta que as medidas que contempla non son suficientes para rebaixar o prezo da enerxía, “que solución van poñer entón encima da mesa”, preguntábase.

Por iso, recoñeceu que os traballadores están expectantes ante as noticias que chegarán esta tarde sobre o estatuto das empresas electrointensivas.

A XUNTA CRITICA QUE SE LLE “OBVIASE” PARA A REUNIÓN

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, criticou este luns que se “obviara” á Xunta de Galicia na reunión de presentación do estatuto para as empresas electrointensivas en Madrid, á que non foi invitado o Executivo galego, e pediu ao Goberno central que recolla medidas que “un prezo competitivo” para Alcoa.

En declaracións aos medios con motivo da súa presenza nun acto en Ourense, Conde tachou de “sorprendente” que o Goberno “unha vez máis ille á Xunta nun tema que afecta directamente” ao seu tecido produtivo. “Nun tema que levamos traballando durante moitos meses, no que o Executivo autonómico trasladou propostas concretas e, lamentablemente, pretende unha vez máis obviar, anular a todos os galegos”, reprochou.

Para Conde, “estes aspectos de falta de respecto a Galicia, de falta de respecto aos traballadores, non se debería producir nun estado democrático”. “O Goberno debería cambiar as súas formas”, reivindicou para recordar que “a semana pasada tampouco se convocou á Xunta “a unha reunión no Ministerio cos ex traballadores de Alcoa na Coruña e hoxe unha vez máis non se invita á Xunta a coñecer o contido deste estatuto”.

“Os aspectos formais non son relevantes, aínda que son importantes, e o que nos preocupa á Xunta son os aspectos de fondo”, insistiu Conde. “Esperamos que o Goberno non estea ante unha operación estética e realmente o estatuto sirva para dar resposta ás empresas electrointensivas e a Alcoa”, abundou o conselleiro, quen recordou que esta compañía xa lle trasladou que “é insuficiente” o apuntado ata a data.

UN ANO DE ESPERA

Neste sentido, Conde subliñou que vai “un ano” de espera e “un ano de promesas incumpridas”. “Esperamos que haxa unha concreción sobre si realmente Alcoa San Cibrao vai ter unha resposta en termos de prezo eléctrico competitivo co borrador que se vai a presentar esta tarde”, afirmou Conde.

Respecto diso, advertiu de que “si non é así” sería “a constatación de que a única intención que ten o Goberno é pechar Alcoa San Cibrao“. “Se é ese o obxectivo, atoparase coa Xunta en fronte e co comité de empresa en fronte”, recalcou. “E non o permitiremos, estase demostrando unha falta de responsabilidade por parte do Goberno”, sentenciou.

“Imos esperar ao contido do estatuto, queremos medidas que garantan que Alcoa poida ter un prezo competitivo, de entre 35 e 40 euros megavatio“, destacou Conde. “Se é así, a Xunta trasladará as felicitacións, senón denunciaremos o incumprimento por parte do Goberno”, avisou. “Farémolo con toda a responsabilidade”, concluíu, para matizar que non se trata de ter un estatuto, senón un que de resposta a ter un prezo competitivo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...