InicioEconomíaO PP pide rebaixar o prezo do solo nos polígonos de Mondoñedo...

O PP pide rebaixar o prezo do solo nos polígonos de Mondoñedo e Ribadeo

Os conservadores consideran que o custo das parcelas é "unha das principais dificultades" destes parques empresariais dependentes do Estado, que "non cumpriron coas expectativas"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) anunciou a presentación dunha moción para debater no vindeiro pleno provincial para que a Deputación inste á Entidade Pública Empresarial do Solo (Sepes) e a Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), dependentes do Estado, para que rebaixen o prezo do solo nos parques empresariais que promoven e xestionan na provincia de Lugo, entre eles os de Ribadeo e Mondoñedo.

Os conservadores fan esta proposta despois de que a Xunta de Galicia puxese á venta 750.000 metros cadrados en 17 parques empresariais cun prezo de saída bonificado de 28 millóns de euros. En Viveiro hai doce parcelas á venta, cun custo de 1,3 millóns, mentres que en Cervo están a subasta quince terreos, por 654.512 euros.

Os conservadores aseguran que “á vista da actual situación, é evidente que algúns destes parques empresariais non responderon, ata o momento, ás expectativas que suscitaron; o custo do solo converteuse nunha das principais dificultades para a súa ocupación”, argumentan.

A voceira do PP provincial, Elena Candia, considera que “para que estes parques empresariais sexan competitivos co solo industrial desenvolto noutros concellos, dependente da Xunta de Galicia ou da Deputación Provincial, ata agora por medio de Suplusa, é preciso que a oferta de solo por parte de Sepes e SEA se efectúe a un prezo similar ao de outras administracións”.

Igualmente, demanda que a Deputación asuma os compromisos adquiridos por Suplusa, agora en liquidación, “para construción e xestión, con prezos competitivos, de modo que se garanta aos concellos a continuidade dos parques empresariais que estaban programados”.

“DESACELERACIÓN”

O PP asegura facer a proposta “cando se constatan os primeiros síntomas de desaceleración da economía. Por elo, é urxente facer que empresas e emprendedores recobren a confianza e impulsar a súa actividade investidora. Coa finalidade de impulsar os ditos parques empresariais, atraer investimentos que permitan fixar novas oportunidades profesionais, que incentiven o crecemento produtivo, económico e laboral nas comarcas nas que se ubican, é necesario que a institución provincial se dirixa a Sepes e SEA para que rebaixen o solo nos parques empresariais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...