Ten potencial A Mariña para acoller parques eólicos flotantes? Propoñen Burela para unha granxa de ondas

Científicos da Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña traballan nunha metodoloxía que permita determinar as áreas máis axeitadas para ubicar muíños de mar

Distribución espacial dos usos mariños e áreas de interese medioambiental na área do porto de Burela. GALICIA CONFIDENCIAL

Investigadores de diversos eidos veñen estudando o potencial que ofrecen as augas galegas e a industria do país para a instalación de parques eólicos mariños ou flotantes en Galicia.

Científicos da Universidade da Coruña traballan nunha metodoloxía que permita determinar as áreas máis axeitadas para a instalación dun parque eólico mariño, para obxectivar a súa viabilidade económica e reducir o impacto medioambiental. A maior franxa sen restricións atópase fronte ás cidades de Ferrol e A Coruña. No tocante á Mariña Lucense, hai pequenas zonas nas que se poderían realizar muíños de mar.

Non é a primeira vez que a bisbarra soa para este tipo de iniciativas: investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Plymouth (Inglaterra) propuxeron para Burela outra alternativa de renovables mariñas: a creación da primeira granxa de ondas en Galicia para explotar a enerxía undimotriz.

Podes consultar o reportaxe completo de Alberto Quián nesta ligazón do Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here