Reclaman medidas “urxentes” na liña Ferrol-Ribadeo ante o “risco grave” para obreiros e usuarios

CC OO fala dunha situación "penosa" da infraestrutura pola "falta de mantemento", con "presenza de árbores próximas" e "posibles desprendementos"

Estación de tren de Ribadeo. AXM

Os comités do Grupo Renfe e Adif na provincia da Coruña reclamaron medidas “urxentes” no ferrocarril Ferrol-Ribadeo ante o “penoso estado de conservación” da liña. Os sindicatos afirmaron que existe “risco grave” para os traballadores e usuarios ante a “falta de mantemento“.

Nunha rolda de prensa, Severino Rodríguez, membro do comité de empresa de Renfe na Coruña e secretario xeral da sección sindical de Adif-Renfe de CC OO na área coruñesa. asegurou que “non hai o mantemento mínimo para garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios”.

Rodríguez sostivo que nesta liña hai “un risco grave” pola presenza próxima de árbores, por posibles desprendementos de pedras e por un estado “bastante deporable” da mesma. “É unha chamada de socorro”, concluíu.

TRES DESCARRILAMENTOS POR DESPRENDEMENTOS NUN PRAZO DE OITO MESES

Esta carencia de mantemento, afirmou, xa foi posta de manifesto nun informe remitido ás empresas, antes de que se producise o accidente do pasado 20 de febreiro á altura do Barqueiro, o terceiro descarrilamento na liña por desprendemento de noiro nun prazo de oito meses.

Preguntadas por esta circunstancia, fontes de Adif contestaron ao Xornal da Mariña que a acumulación de incidentes da liña débese “á orografía e ao clima”, negando “categoricamente” que tivese que ver coa falta de mantemento.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here