Feijóo elude responsabilidade sobre Alcoa e apunta ao Goberno: “estaba advertido”

O presidente da Xunta argumenta que é o Executivo central quen "ten que aclarar" se quere industria na Mariña Lucense

Feijóo, durante unha rolda de prensa. AXM

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, volveu novamente a eludir responsabilidade sobre o anuncio dun despedimento colectivo en Alcoa San Cibrao e apelou ao Goberno do Estado a aclarar “se quere” que continúen operando no país industrias como esta, aprobando un estatuto de prezos para os consumidores electrointensivos que faga “viable” e “competitivo” producir aluminio primario en España.

A preguntas dos medios este venres na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo asegurou que “se a alguén non lle colle por sorpresa” o anuncio de que a multinacional expón un despedimento colectivo de 534 traballadores da súa planta de aluminio en Cervo “é ao Goberno, que estaba advertido de que Alcoa non podía operar aos prezos de enerxía que hai en España”. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

1 COMMENT

  1. pero como ten tanta cara o tipo este…quen vendeu aluminio que…cantantes que asco me dan
    a xente con fame e eles vivindo de nos…que lle importa a este tipo a mariña ….nada non vos equivoquedes

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here