InicioEconomíaSánchez: "tentamos garantir os empregos e a perdurabilidade de Alcoa"

Sánchez: “tentamos garantir os empregos e a perdurabilidade de Alcoa”

O presidente do Goberno, a quen os obreiros lle piden a intervención tras anunciar a multinacional 534 despedimentos, asegura que Industria "está a falar coa empresa"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que está “tentando garantir os empregos” en Alcoa e a “perdurabilidade desta importante” industria, despois de que os traballadores cortasen a autovía do Cantábrico en protesta pola ameaza de despedimento da multinacional de aluminio a máis de 500 empregados, que poderían ascender a 800 co impacto nas empresas auxiliares do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado en San Cibrao.

Tras recordar que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que dirixe Reyes Maroto está “falando coa empresa”, o presidente recoñeceu que este foi un “tema recurrente” ao longo dos dous anos que leva á fronte do Executivo, para o cal polo momento non se atopou unha solución.

FEIJÓO PRESIONA AO EXECUTIVO

Sánchez referiuse ao conflito de Alcoa na conferencia de prensa ofrecida trala reunión da telemática con presidentes autonómicos, entre eles o galego Alberto Núñez Feijóo que lle transmitiu a súa preocupación pola situación da fábrica de San Cibrao (Lugo).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...