InicioEconomía(GALERÍA) Imaxes dunha protesta que A Mariña sempre lembrará

(GALERÍA) Imaxes dunha protesta que A Mariña sempre lembrará

Familias enteiras simbolizaron o loito que suporía para a comarca a perda dunha industria chave como a do aluminio; a manifestación deixou imaxes insólitas, como as de Juan Maya e Diego Alonso Cobelo

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense viviu este domingo unha xornada histórica de reivindicación, cunha das protestas máis multitudinarias da súa historia. Un total de 17.000 persoas segundo a Policía, 25.000 na versión dos sindicatos, marcharon en Viveiro para esixir unha solución para a planta de aluminio do complexo industrial de San Cibrao, onde Alcoa anunciou que ten intención de executar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) con 534 despedimentos, un recorte produtivo que afectaría a outros 400 operarios de empresas auxiliares.

 

Nunha protesta que os sindicatos enfocaron como “a manifestación das familias“, o acto reivindicativo serviu para simbolizar -os veciños con camisolas negras e ataúdes en sinal de loito, entre traballadores vestidos de faena- a importancia socioeconómica que ten para a comarca da Mariña Lucense a produción de aluminio, unha actividade que durante máis de catro décadas garantiu estabilidade laboral na zona e soldos dignos. Os obreiros reclaman a Alcoa que retire o ERE anunciado e ao Goberno central que interveña a planta e aprobe unha tarifa eléctrica que favoreza a continuidade da produción.

Fotografías de Juan Maya e Diego Alonso Cobelo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...