InicioEconomíaO comité de Alcoa agarda que o Goberno "escoite" o clamor social...

O comité de Alcoa agarda que o Goberno “escoite” o clamor social e ofreza “solucións” este martes

Esta tarde celébrase a mesa multilateral polo futuro de aluminio, a dous días da xornada marcada por Alcoa para comezar o período de consultas do ERE

Publicada o

- Advertisement -
Os traballadores de Alcoa acoden á reunión da mesa multilateral da factoría en San Cibrao, programada para esta tarde, cunha actitude positiva, e confían en que o Goberno central “faga o seu traballo” e propoña “solucións” á súa situación.

O PREZO DA ENERXÍA, NO PUNTO DE MIRA

Así o dixo o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, antes do encontro que manterán este martes a dirección da multinacional en España, o Goberno estatal, a Xunta de Galicia e os sindicatos. Neste sentido, o representante dos traballadores confiou en que “o goberno faga o seu traballo e poña encima da mesa solucións” para que a planta teña viabilidade tanto no “marco enerxético” como no “marco competitivo” da enerxía a longo prazo.

ALCOA “FAI OÍDOS XORDOS” A “TODO E A TODOS”

Segundo Zan, a dirección en España de Alcoa “vai a feitos consumados“, porque “nin sequera se esconde” nin “espera” a ter as reunións co Goberno e a Xunta para confirmar as súas medidas. “Alcoa fai oídos xordos a todo e a todos“, criticou.

O 25 SABERANSE “OS NOMES E APELIDOS” DOS AFECTADOS

O día 25 de xuño, se nada cambia, comezará a negociarse o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado por Alcoa, que prevé ata 534 despedimentos na planta de aluminio e a perda doutros 400 empregosna industria auxiliar do complexo de San Cibrao. “Ese día comunicarannos os nomes e apelidos” dos traballadores afectados, “que somos case todos”, subliñou Zan.

O PASADO LUNS, TERCEIRA PROTESTA MASIVA EN 15 DÍAS

En canto á xuntanza deste martes, o representante dos traballadores é “optimista por natureza. Quero pensar que o goberno está a escoitar”, dixo Zan, en referencia aos traballadores que están “a loitar” na rúa polos seus postos. Os obreiros participaron o pasado luns noutra protesta multitudinaria na Mariña Lucense, desta volta en Burela, onde entre 15.000 e 18.000 persoas reclamaron “un futuro” para unha bisbarra que está en risco de converterse “nun ermo industrial”.
En todo caso, considera que se o Goberno non pon algunha solución encima da mesa, serían “uns auténticos kamikazes” como “dirixentes”.

DÚAS PROTESTAS PROGRAMADAS

O 25 de xuño, coincidindo co inicio do período de consultas do ERE, os traballadores convocaron unha concentración para as 12.00 horas fronte á Subdelegación do Goberno central. Ademais, o vindeiro domingo unha caravana de coches procedentes da Mariña tomará a capital provincial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...