InicioEconomíaO comité de Alcoa agarda coñecer o luns cal é o plan...

O comité de Alcoa agarda coñecer o luns cal é o plan de Alvance para o complexo industrial

Os sindicatos acusan á propietaria de querer parar as cubas para restar opcións aos competidores; ínstana a facilitar a venda e evitar "unha catástrofe industrial e social" na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Despois da concentración celebrada na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o pasado venres, representantes do comité de empresa reuniranse o luns na capital galega a partir das 16.00 horas cunha delegación da multinacional Liberty House, en concreto da súa división Alvance, centrada na produción de aluminio, que se fixo en 2018 coa fábrica máis grande de Europa, situada en Dunkerque (Francia), e ten outra en Escocia.

“Temos o luns unha reunión. Esperamos coñecer xa ese plan tanto enerxético como industrial” a “dez anos” para a planta de San Cibrao, dixo o presidente do comité, José Antonio Zan, e cal é a “solución” que achega o posible comprador.

A PLANTA DE ALÚMINA, CHAVE PARA O POSIBLE COMPRADOR

O “máis importante”, a priori, é que “trae unha idea moi clara de facerse con todo o complexo” e realizar un proceso “integral” de produción de aluminio, dado que ata agora o grupo británico “non ten planta de alúmina” para abastecer de materia prima ás súas fábricas.

“Con isto”, dixo Zan, a planta de alúmina de San Cibrao podería “abastecer todo o grupo” para unha produción de “1.300.000 toneladas”.

Ao seu xuízo, o posible comprador ten “bastante claro o que quere e o que necesita” para completar o proceso de produción, desde “a alúmina ata a transformación”, dado que tamén “ten integradas plantas de transformación en Europa”.

“É EXTRAÑO QUE ALCOA FALE DE PERDAS MILLONARIAS PERO NON QUEIRA VENDER”

Para o presidente do comité, ante o interese de Liberty House, é “estraño” que unha multinacional como Alcoa “non queira vender unha planta que”, segundo di, “lle provoca tantas perdas”.

“Non se pode entender. O que ten que facer é dar o paso, darlle viabilidade a unha nova empresa que aposte polo futuro e, sobre todo, que evite a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que conllevaría despedimentos -máis de 900 entre a factoría de aluminio e a industria auxiliar- e a paralización das cubas, que é algo que non podemos permitir”, insistiu.

Desde o seu punto de vista, “non é lóxica” a postura de Alcoa, porque se supón que se “tes unha competidora, queres o peor para ela”, e non o que está argumentando a multinacional nos últimas datas, que é que non lle vai a vender a planta “porque vai ter moitas perdas”.

RECLAMAN A CONVOCATORIA DA MESA MULTILATERAL

“O que ten sentido é que queiran parar as cubas para que calquera empresa que se faga coa fábrica non teña oportunidade ningunha de arrincala de novo, de modo que nos aboca a unha catástrofe industrial, empresarial e social na Mariña lucense“, lamentou.

Nese sentido, insistiu na necesidade de convocar unha nova mesa multilateral en que a que participen todos os actores implicados, tanto a Xunta de Galicia e o Goberno de España, como os traballadores, o posible comprador e Alcoa, “que ten que facilitar o cambio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...