InicioEconomíaA Xunta insta ao Goberno a restituír os horarios do tren Ferrol-Ribadeo...

A Xunta insta ao Goberno a restituír os horarios do tren Ferrol-Ribadeo ante o “impacto económico e social”

Segundo a conselleira Ethel Vázquez, "as razóns da baixa demanda que vén alegando Renfe para manter a supresión de servizos non poden ser aceptadas por Galicia"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Xunta de Galicia advertiu este xoves ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana do efecto da “supresión de servizos ferroviarios anulados durante o estado de alarma” pola covid-19 e apuntou a un “forte impacto negativo na poboación e a economía” da comunidade.

Nun comunicado, o Goberno autonómico lamentou a “prolongación no tempo” destas medidas. Así, estas restriccións foron destacadas en trazados como o que une Ferrol e Ribadeo (Lugo), cunha única viaxe diaria.

Os usuarios desta liña reclamaron a restitución dos horarios, esixindo ao Goberno central que fixe un mínimo de seis frecuencias diarias para refrotar o servizo.

“MERMA A COMPETITIVIDADE E OS DEREITOS DA CIDADANÍA”

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a popular Ethel Vázquez, estimou que o “déficit en servizos de tren de Galicia estase vendo progresivamente agravado, algo que merma a competitividade do territorio e impide a miles de cidadáns o exercicio efectivo do seu dereito a desprazarse“.

Así se expresou na Conferencia Nacional de Transportes, na que outras comunidades autónomas aludiron á mesma problemática. En concreto, o Goberno galego citou a Aragón ou Andalucía.

Segundo a representante autonómica, “as razóns da baixa demanda que vén alegando Renfe para manter a supresión de servizos non poden ser aceptadas por Galicia”.

VÁZQUEZ LEMBRA QUE SE TRATA “DUN SERVIZO PÚBLICO”

Por iso, avogou por “aportar transparencia ás obrigas de servizo público que aplica o organismo ferroviario estatal e que serven para fixar as tarifas dos billetes e as frecuencias dos servizos”. Ademais, no encontro tratouse a Estratexia de Mobilidade segura, sostible e conectada que proxecta o Goberno central.

Respecto diso, Vázquez pediu que dita “planificación teña en conta as diferentes realidades territoriais de España e en consecuencia as peculiaridades do territorio galego”. Entre elas, apuntou á “dispersión, o envellecemento da poboación ou a súa situación xeograficamente periférica“.

Por iso, incidiu “na necesidade de planificar non só as infraestructuras do transporte, tamén os seus servizos, tendo en conta as características territoriais da contorna no que se desenvolven”.

“DESMANTELAMENTO” COS SUCESIVOS GOBERNOS

Os usuarios levan anos denunciando o “abandono” e “desmantelamento” do tren de ancho métrico, tanto co actual Executivo socialista como co anterior Goberno popular. Entre 2016 e 2017, baixo o mandado de Mariano Rajoy, houbo máis de 1.600 supresións de viaxes só na liña Ferrol-Ribadeo, máis da metade por avarías e tamén nunha alta porcentaxe por falta de persoal, e só en cinco meses do 2018 -xa co socialista Pedro Sánchez na Moncloa- canceláronse 738 desprazamentos.

As plataformas de usuarios queixáronse tamén da postura da Xunta, ao non reclamar melloras no servizo. No 2018, criticaron que nunha xuntanza entre presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o daquela ministro de Fomento, José Luis Ábalos, o responsable do Goberno galego nin sequera puxera sobre a mesa a situación do Feve.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...