Segue o descenso dos positivos na provincia, ata os 552 casos, pero continúan os falecementos

Nas últimas 48 horas déronse 124 altas e 40 novos contaxios, pero o número de mortos desde o inicio da pandemia roza os 90

Mostra para análise PCR. GALICIA CONFIDENCIAL

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 552, 37 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Sergas. O pasado domingo o descenso dos positivos foi de 53, polo que nos últimos dous días o balance global deixaría 87 contaxiados menos, tendo en conta que se produciron tres falecementos. Nas últimas 48 horas déronse 124 altas, do que se deduce que no mesmo intervalo houbo 40 infectados novos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.

Dos 552 positivos, 38 permanecen ingresados. Trinta e catro deles son atendidos na Uci, entre eles os seis pacientes da área lucense que requiren os coidados intensivos. Os outros catro están no Polusa, e 514 doentes pasan a corentena nos seus domicilios.

O número de falecementos na provincia desde o inicio da pandemia é de 88, cun total de 2.479 altas e 3.119 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

57 Residencia O Incio (O Incio)  

131 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)  

35 Residencia O Incio (O Incio)  

24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)  

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove) 

736 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353, deles 999 son da área da Coruña, 552 da de Lugo, 743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 583 da de Santiago, e 153 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en Uci, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 736 falecementos. O número de PCR realizadas é de 469.694.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here