Ecoloxistas reclaman á Xunta que esixa a Alcoa reparar a “bomba de reloxaría” da balsa de lodos

Arco Iris lembra que o almacén ten o tamaño de "87 campos de fútbol" e demanda que a obriga de restaurar a periferia da factoría se inclúa nas negociacións pola planta de aluminio

Vertido de Alcoa. ADEGA

O colectivo ecoloxista Arco Iris demandou á Xunta de Galicia que esixa á multinacional Alcoa a reparación da “bomba de reloxaría” que constitúe a “enorme” balsa de lodos do complexo de San Cibrao, que ocupa “unha superficie similar a 87 campos de fútbol“.

“Sería unha hipoteca que Galicia non se podería permitir”, sinala o colectivo nun comunicado emitido este sábado, no que advirte de que a superficie da balsa de San Cibrao é “a metade” da de Aznalcóllar, que causou a finais dos anos 1980 un dos desastres naturais máis importantes da historia de España.

Para Arco Iris, a balsa constitúe unha “bomba de reloxaría que Alcoa pretende abandonar en Galicia” e que “pode hipotecar o futuro de toda a zona”, polo que reclaman que a permanencia da planta de aluminio debe estar condicionada a que a multinacional “devolva as subvencións estatais e restaure a periferia da factoría ao seu estado anterior”.

“A Xunta de Galicia ten a obriga de esixir que Alcoa cumpra coa lexislación ambiental nacional e incluír esta medida nas negociacións conducentes a asegurar que unha industria estratéxica permaneza en Galicia a cambio do cumprimento e compromiso de sustentabilidade ambiental”, sinala o colectivo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here