Os comuneiros de Burela asinarán o xoves con Euroarce o alugueiro da mina de caolín para a súa explotación

A comunidade de montes agarda que o novo proxecto de extracción do mineral da empresa aragonesa sexa "un revulsivo industrial" non só para o municipio senón para a comarca

Área mineira da Mariña. FACEBOOK

A Comunidade de Montes en Man Común de Burela asinará o vindeiro xoves, 12 de novembro, o contrato de arrendamento de terreos comunais coa empresa Euroarce Caolines, S. L., que explotará en alugueiro a superficie da mina de caolín pertencente á agrupación burelá.

Segundo anunciou o colectivo -integrado por uns 70 comuneiros- a través dun comunicado de prensa, a sinatura do acordo será ás 11.00 horas, na área recreativa do Monte Castelo, e no acto participarán os mebros da xunta reitora da Comunidade de Montes e o conselleiro delegado da empresa aragonesa. A agrupación acordou en asemblea o pasado luns por unanimidade asinar este pacto.

O acordo posibilitará retomar a explotación de caolín nos montes de Burela despois de varios anos paralizada. Os comuneiros agardan que “este novo proxecto sexa un revulsivo industrial non só para o municipio e que o reinicio da actividade e os caolíns extraídos dos montes burelaos e da Mariña volvan ser un referente industrial en toda España“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here