Mondoñedo adxudica a Iberdrola oito puntos de recarga de vehículos eléctricos

Haberá dous postos na Praza do Seminario, sen reformas, e dous na Praza de Jaime Cabot e catro no Campo dos Paxariños, para o que se instalarán báculos para mellorar o alumeado

Praza de Jaime Cabot. AXM

O Concello de Mondoñedo anunciou a través dun comunicado que, rematado o proceso de licitación, adxudicou á empresa Iberdrola a instalación na cidade de oito puntos de recarga de vehículos eléctricos, en tres ubicacións. O goberno local concreta que enviou a Patrimonio a solicitude autorización para este propósito.

Na Praza do Seminario haber dous puntos de recarga, ambas en batería. “Nesta contorna, a diferenza dos outros dous enclaves, considérase suficiente a iluminación existente”, explica o Concello.

“Na Praza de Jaime Cabot haberá dous postes. Neste caso estará empotrado no muro xa existente. As prazas estarán en batería, e, para mellorar a iluminación, instalarase un báculo de alumeado de catro metros”, prosegue o executivo municipal.

O CONCELLO QUERE POSICIONAR A CIDADE COMO “ÁREA DE DESCANSO MONUMENTAL”

“Haberá tamén un punto de recarga, con catro postes, no Campo dos Paxariños, preto da área para estacionamento de autocaravanas. Tamén neste caso, as prazas estarán en batería e instalarase un báculo de catro metros para mellorar o alumeado. A instalación desde punto obrigará a cambiar de ubicación o contedor de recollida de roupa”, precisa o Concello.

O executivo local entende que, coa instalación deste equipamento, Mondoñedo pode posicionarse como “punto de recarga nunha extraordinaria área de descanso monumental”, o que podería suponer “un atractivo para animar a entrar na cidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here