A confraría de Burela celebra que a campaña de Nadal foi “un pouco mellor” do previsto

O bo tempo favoreceu as capturas de produto e os prezos do marisco non defraudaron, chegando a pagarse o centolo ou a nécora "a máis de cincuenta euros".

Última lonxa de marisco antes de Noiteboa en Burela | Carlos Castro - EP

O titular da confraría de pescadores de Burela e tamén presidente a nivel nacional, Basilio Otero, asegurou que a campaña de Nadal “foi un pouco mellor” do que se esperaba a pesar da incerteza da pandemia.

Otero constata que esa “lixeira melloría” non só se produciu en canto a capturas senón tamén en canto aos prezos para aboar polo peixe na lonxa, dous aspectos que preocupaban ao sector e que finalmente foron mellor do que se prevía.

A pescada “non alcanzou os prezos doutros anos” pero, en troques, o volume de negocio disparouse na venda de marisco, pagándose a “máis de 50 euros” a nécora ou a centola.  “En canto aos prezos non podemos queixarnos”, manifestou Basilio Otero, que tamén acreditou como algún outro marisco chega a ter prezos superiores aos cen euros.

En canto ás capturas, destacou que “houbo bo tempo”, o que favoreceu un maior número de peixe e marisco. “Non houbo mar de fondo”, celebrou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here