InicioEconomíaBasilio Otero, reelixido por aclamación presidente da Federación de Confrarías de Lugo

Basilio Otero, reelixido por aclamación presidente da Federación de Confrarías de Lugo

O patrón maior de Burela sinala que os descartes e o relevo xeneracional son os principais desafíos da agrupación de pósitos lucense

Publicada o

- Advertisement -

Basilio Otero foi reelixido este venres por aclamación como presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo.

A xornada electoral desenvolveuse sen incidencias. Dos comicios saíron tamén escollidos os vicepresidentes primeiro e segundo e os membros do comité executivo.

CARGO APELIDOS E NOME CONFRARÍA COLECTIVO (Emp./Trab.)
Presidente/a OTERO RODRÍGUEZ JOSÉ BASILIO BURELA EMPRESARIOS
Vicepresidente/a 1º JAVIER SÁNCHEZ FERNÁNDEZ SAN CIBRAO TRABALLADORES
Vicepresidente/a 2º DOMINGO REY SEIJAS CELEIRO EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov. LESTEGÁS IGLESIAS JOSÉ JUAN FOZ EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov. MARTÍNEZ OTERO JAVIER RIBADEO EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Prov. LÓPEZ LOPEZ LEOPOLDO FOZ TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Prov. MARTÍNEZ LOSADA LUZ Mª RIBADEO TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Galega BALSEIRO FERREIROS JACOBO SAN CIBRAO EMPRESARIOS
Comité executivo Fed. Galega GONZÁLEZ PIÑÓN ALFONSO CELEIRO TRABALLADORES
Comité executivo Fed. Galega LEO LÓPEZ LÓPEZ FOZ TRABALLADORES

Fonte: Consellería de Mar.

Otero, reelixido patrón maior de Burela no pasado mes de outubro e presidente da Federación Nacional de Confrarías no 2017, repite no cargo.

O presidente da Federación de Confrarías de Lugo afirma que unha das súas principais preocupacións será “a falta de relevo, porque estamos tendo problemas tanto en mariñeiría como no tocante aos patróns”.

Os descartes son outro dos desafíos da directiva da federación lucense, que avogará “polo continuismo, porque penso que temos unha boa comunicación entre todos”.

Otero precisou que, en principio, non haberá candidatura lucense para as vindeiras eleccións á Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...