A patrulleira “Arnomendi” vixiará e inspeccionará os barcos pesqueiros no caladoiro cantábrico

Forma parte das unidades da forza de acción marítima en Ferrol e ten unha dotación de 32 persoas para esta campaña.

O patrulleiro Arnomendi / Ministerio de Defensa

EFE. O buque patrulleiro “Arnomendi”, da Armada española, iniciou unha campaña de vixilancia pesqueira no caladoiro do Cantábrico noroeste, informa o Ministerio de Defensa.

O navío partiu este venres da súa base en Ferrol para sumarse á campaña que se desenvolverá en augas da cornixa cantábrica e o golfo de Biscaia durante dúas semanas. O buque contribuirá aos labores de inspección de barcos de pesca e levará a cabo misións de verificación da presenza de barcos españois e doutros países que dispoñan de autorización para faenar nesas augas.

Tamén efectuará inspección das capturas, revisión das artes de pesca utilizadas e vixilancia de zonas e períodos de veda, así como control de actividades da frota dedicada á pesca da caballa, precisa a Armada.

“Para desempeñar as tarefas de inspección pesqueira contará coa participación dun inspector da Secretaría Xeral de Pesca”, precisa. Tras cumprir a súa misión, os tripulante do buque ten previsto regresar posteriormente á súa base de Ferrol o próximo 12 de marzo, engade a nota.

Segundo a Armada, o “Arnomendi” é o terceiro barco da clase “Chilreu” construído fai vinte anos nos estaleiros Freire de Vigo. O patrulleiro forma parte das unidades da forza de acción marítima en Ferrol, ten unha dotación de 32 persoas para esta campaña e está ao mando o capitán de corveta Juan Manuel Garat.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here