InicioEconomíaO Goberno avisa: "Alcoa ten que deixar de por condicións e facer...

O Goberno avisa: “Alcoa ten que deixar de por condicións e facer posible a venda”

Alcoa solicita inmunidade para "negociar calquera venda da planta e iso son elementos que as administracións públicas non poden admitir", din desde o Ministerio de Industria.

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco, insta a Alcoa a “que se deixe de pór condicións” e “tire adiante” coa venda da planta de aluminio de San Cibrao, en Cervo.
En declaracións a Europa Press recollidas polo xornal Galicia Confidencial, subliña que “non hai un prazo legal vixente” para a operación –o do 30 de abril déronllo a empresa e o comité– e apunta á existencia de “varios” interesados máis en facerse coa factoría no caso de que se materialice a compra por parte da SEPI (sociedade estatal de participacións industriais), que funcionaría como intermediaria.

Ao termo dunha reunión na que tanto a Xunta como os sindicatos constataron o estancamento nas negociacións, Raúl Blanco sinalou a Liberty como o comprador prioritario ata hora, pero apelou á “prudencia” debido á situación financeira que atravesa. Con outros “houbo chamadas de interese pero aínda non houbo contactos firmes”, apunta.

Neste escenario, critica que a multinacional estadounidense siga “pondo condicións á venda tal e como sucedeu noutras ocasións”, despois da operación errada durante o ano 2020. Alcoa, segundo Blanco, solicita inmunidade para “negociar calquera venda da planta e iso son elementos que as administracións públicas non poden admitir”.

“ALCOA TEN QUE DEIXAR VENDER”

Por parte do ministerio, asegura estar a ser “o máis executivos posible”, pero reitera que “quen ten que pór da súa parte é Alcoa”. “É Alcoa quen ten que facer posible a venda de aquí ao 30 de abril ou en máis tempo se fose necesario”, ou antes desa data tamén, incide.

Constándolle “varios” interesados máis que Liberty, o responsable de Industria insiste en que “ten que ser Alcoa quen axilice” un proceso no que, por parte da compañía, “sempre aparece algunha” condición. “Pola nosa banda todo son facilidades e axilidade“, garante, para engadir que espera que “non sexa así” e Alcoa non estea a negociar sen interese real de vender. “Haberá que velo. Non queremos dicir iso e esperemos que non sexa así”, reflexiona.

Neste escenario, a pouco máis de tres semanas dese prazo que se deron Alcoa e o comité de empresa, avanza que “haberá contactos nos próximos días, tanto coa empresa e cos sindicatos e a Xunta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...