InicioEconomíaCervo darálle 1.000 euros aos 34 establecementos hostaleiros do concello

Cervo darálle 1.000 euros aos 34 establecementos hostaleiros do concello

Esta medida súmase á exención do pago das taxas de auga, lixo, saneamento e terrazas que se aplicará durante 14 meses a partir de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou a activación dunha nova liña de axudas que está dirixida á hostalería “como un dos sectores máis golpeados pola pandemia que viu e segue a ver tremendamente limitada a súa actividade e que tivo que afrontar continuos peches derivados da situación sanitaria”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares; que presentou o novo plan acompañado pola edil de Facenda, Dolores García Caramés.

O rexedor explicou que a Administración local aportará 1.000 euros procedentes das arcas municipais a cada un dos 34 establecementos que xa solicitaron o Plan de Rescate da Xunta. Esta nova liña de apoio é froito dun convenio de colaboración subscrito coa Administración autonómica –explicou- “que permite articular mecanismos de xestión áxiles para que as axudas cheguen o antes posible aos seus destinatarios”.

Así, o Concello de Cervo complementará con eses 1.000 euros directos a contía da axuda autonómica que vai desde os 1.900 aos 3.700 euros, en función da extensión do tempo dos peches decretados e do número de persoas traballadoras ao seu cargo.

Esta axuda municipal –recordaron- “vén sumarse á exención do pago das taxas de auga, lixo, saneamento e terrazas que se aplicará durante 14 meses a partir de xullo”, coincidindo cos períodos de maior consumo”. Por esixencias normativas, a partir desa data, con carácter bimensual, emitiranse recibos por un valor absolutamente simbólico de ao redor dun euro. A modificación destas ordenanzas, de feito, xa foi aprobada no pleno ordinario municipal.

A edil e o rexedor subliñaron, a través dun comunicado, doutras medidas que se foron aplicando desde que se declarou a pandemia para axudar ao sector na medida do posible “non se cobrou a taxa do lixo desde mediados de marzo e ata que se levantou a obriga de peche total en maio;  tamén se facilitou a ampliación das terrazas nos espazos públicos sempre que foi posible; e desde o 15 de marzo non se emitiu ningún recibo pola ocupación da vía pública”.

Así mesmo, tamén se dispuxo un plan de reactivación económica e social dirixido a todas as persoas autónomas do Concello que se puxo en marcha no pasado exercicio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...