“Tapea con mamá” a dous euros en Ribadeo

Acisa pone en marcha esta campaña para fomentar o consumo no Día da Nai.

Acisa presenta a campaña Tapea con Mamá para fomentar o consumo na hostalaría no Día da Nai / remitida

Tapea con mamá é a nova campaña gastronómica que pon en marcha Acisa Ribadeo para incentivar o consumo local aproveitando o Día da Nai.  A cita, na que participan 17 establecementos asociados, estará activa este sábado, domingo e luns. Así, o prezo das tapas será de 2 euros en diferentes horarios.

Na iniciativa participan Bar Galicia, Delicates, Estopa, Galipizza, Goiás, La Botellería, La Bugalla, La Lira, La Solana, Mareta, Náutico, O Alén, O Indiano, Queimada, Marinero, El Rincón del Gordo e Rosalar. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “todos, a parte de indicarnos a súa tapa, fixaron os horarios para servilas, tanto a mediodía como pola tarde/noite”.

A través dun comunicado, Pérez animou “a toda a veciñanza, de Ribadeo e da comarca, a gozar da boa gastronomía e deste tapeo de fin de semana. Qué mellor plan para desconectar que aproveitar o sábado festivo e o domingo familiar do dia da nai”.

Por outra banda, Unha xoia para outra xoia é o slogan da campaña deseñada por Acisa para celebrar o día da nai. A asociación sorteará 3 xoias entre aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro luns, 3 de maio. Na iniciativa participan a Xoiería Azabache, Pratería Gutié e Terra Branca.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here