InicioEconomíaO comité de Alcoa: "Un ano despois seguimos traballando máis unidos que...

O comité de Alcoa: “Un ano despois seguimos traballando máis unidos que nunca”

Os traballadores animan á participación da manifestación deste día 30 en Xove.

Publicada o

- Advertisement -

Unidade. Esa é a a palabra que define aos traballadores de Alcoa tras un ano de loita. Así o asegurou o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, nun video no que fai un chamamento a asistir a manifestación masiva do vindeiro día 30 en Xove. “Unidos venceremos”, destacou e avisou que “dentro dun ano seguiremos celebrando que seguimos traballando e que a comarca da Mariña ten un futuro social e industrial”.

“Estamos máis unidos que nunca”, di Zan un ano despois de que a multinacional presentase un ERE para despedir a máis de 500 traballadores da planta. “Hai un ano presentábannos un ERE que significaba o final da nosa vida laboral. Un ano despois, seguimos traballando, sendo competitivos e máis unidos que nunca”, afirmou Zan.

“Se estamos así é porque estivemos unidos durante un ano”, dixo o presidente do comité, quen tamén asegurou que as persoas que acudan á concentración do domingo levarán “un grato recordo”, porque haberá sorpresas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...