InicioEconomíaBaixan as vendas de bonito nas primeiras descargas desta costeira

Baixan as vendas de bonito nas primeiras descargas desta costeira

Os armadores recoñecen que se trata de "un arranque" da bonitera "un pouco máis frouxo que a campaña pasada" con capturas "máis escasas", o que motivou a preocupación dos barcos "porque no día a día tiveron días en branco, sen ningunha captura.

Publicada o

As vendas de bonito na lonxa de Burela durante a primeira costeira, desenvolta en xuño, baixaron en 27.000 quilos e 63.000 euros respecto a as cifras do pasado ano 2020. Así o apuntou este xoves o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira, que cifrou en 138.000 quilos os poxados na lonxa burelá, que supuxeron uns ingresos de 829.000 euros cun prezo medio de 6 euros por quilo.
Isto supón un descenso de 27.000 quilos e unha baixada na facturación estimada nos 63.000 euros respecto a a primeira costeira do ano 2020. Neira recoñeceu que se trata de “un arranque” da bonitera “un pouco máis frouxo que a campaña pasada” con capturas “máis escasas”, o que motivou a preocupación dos barcos “porque no día a día tiveron días en branco, sen ningunha captura”.
Con todo, esa “tendencia” investiuse e “nas dúas últimas semanas” foise corrixindo e agora os pescadores están “máis contentos”. O aspecto máis destacado é que “o prezo medio, por quilo, mellora con respecto ao ano pasado” e agora págase a seis euros fronte aos 5,38 que se abonaba en xuño de 2020. En todo caso, os meses de xullo e agosto son os que concentran a maior parte das descargas de bonito no porto de Burela, como apuntou Neira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...