“Descoñecemos como están as negociacións”, din os traballadores de Alcoa

Din que é a ministra, Reyes Maroto, a que leva persoalmente as conversas.

Álvaro Dorado, director de Alcoa España, á esquerda de Feijóo na visita da ministra Reyes Maroto na planta de San Cibrao antes da pandemia. AXM

Os traballadores do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao esperan noticias do Ministerio de Industria en relación coas negociacións que está a levar “persoalmente a ministra”, Reyes Maroto, coa dirección da multinacional para facilitar o proceso de venda da planta de aluminio primario.

“A ministra está a levar a negociación con Alcoa persoalmente”, dixo a Efe o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, quen tamén recoñeceu que a representación dos traballadores non ten máis información sobre esas conversacións. “Descoñecemos como está a negociación”, recoñeceu José Antonio Zan, quen en todo caso confía en que esas xestións do Ministerio de Industria permitan alcanzar “unha solución canto antes” para garantir o mantemento da produción e, consecuentemente, dos postos de traballo na fábrica.

De momento, non foi convocada ningunha reunión para informar os traballadores da marcha desas negociacións e tampouco Alcoa facilitou información ao comité en relación con esas conversacións, cuxo resultado agardan os máis de mil empregados do complexo industrial e os traballadores das auxiliares

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here