Traballadores de Vestas piden a implicación de toda a Mariña para salvar os seus postos

Queren que se impliquen políticamente para resolver a súa situación tras o anuncio do peche da fábrica de Chavín.

Traballadores de Vestas/CRTVG

Os traballadores da fábrica de aeroxeradores que a multinacional Vestas ten en Chavín, no municipio de Viveiro, buscan a complicidade das administracións locais da Mariña para loitar polos seus postos de traballo, despois de que a compañía anunciase o peche da factoría, na que traballan 115 persoas, para finais do presente ano.

Este venres -día 24 de setembro, representantes do comité de empresa reuniranse coa alcaldesa e a corporación municipal de Viveiro, así como con outros alcaldes da comarca, para buscar o apoio dos concellos mariñáns no conflito laboral exposto polo anuncio do cesamento de actividade da fábrica.

Así mesmo, o comité de empresa convocou para este sábado, día 25 de setembro, unha concentración na Praza do Concello desa localidade mariñá para expresar o seu rexeitamento ao anunciado peche da factoría e reclamar unha “solución” que permita manter os empregos.

O presidente do comité, David Mariño, confirmou que a esa concentración do mediodía foron convocadostodos os traballadores. “Espero que se trate dun acto de fraternidade, de familias e amigos dos traballadores de Vestas, como unha mostra do que nos une e do orgullosos que estamos do noso traballo e da nosa comarca”, dixo Mariño aos medios de comunicación.

Ademais, confirmou que o persoal seguirá concentrándose a diario, ás 10:30 horas, ante as portas da fábrica, durante o tempo de descanso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here