Vestas insiste no ERE mentres o comité de empresa reclama que permaneza na mesa industrial

O comité de empresa insiste en que paralice o procedemento e que a empresa se manteña na mesa industrial como vía de solución. A compañía propón unha negociación paralela.

Traballadores de Vestas nunha protesta en Santiago / GC

A reunión entre a dirección de Vestas e o comité de empresa para abordar o expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo en Viveiro concluíu sen acordo nin entendemento entre as partes.

O comité denuncia que a dirección “está enrocada e non retira o ERE baixo ningún concepto“. Os representantes dos traballadores insisten na necesidade de paralizar o ERE “para garantir a negociación en tempo dunha saída e lograr o correcto funcionamento da mesa industrial” constituída por iniciativa da Xunta.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here