InicioEconomíaOs traballadores de Vestas volverán o luns a Santiago onde se reunirán...

Os traballadores de Vestas volverán o luns a Santiago onde se reunirán na mesa industrial

O persoal de Vestas Viveiro manifestarase de novo polas rúas de Compostela para esixir á empresa que non peche a súa fábrica no concello mariñao.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Vestas en Viveiro convocou unha manifestación para o vindeiro luns, 25 de outubro, ás 11,00 horas en Santiago, onde horas despois terá lugar unha nova reunión da mesa industrial constituída pola Xunta.

A marcha desenvolverase a partir das 11,00 horas con saída prevista desde a Alameda compostelá, e chegada á Praza do Obradoiro.

Posteriormente, ás 14,00 horas, o comité chama aos traballadores a concentrarse ante a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), onde comezará ese encontro da mesa industrial.

O obxectivo, subliña o comité, é “facer ruído” e “defender” os postos de traballo, tendo en conta que os 150 empregos da fábrica perigan ante o anuncio de peche da compañía, que, de feito, este venres volve verse cos representantes dos traballadores para abordar o ERE.

A nova reunión polo ERE terá lugar este venres nun hotel de Viveiro a partir das 9,00 horas, nunha xornada na que tamén convocan unha segunda concentración na praza maior de Viveiro, para as 20,00 horas, baixo a lema ‘Non deixemos que a chama se extinga’.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...