InicioEconomía"Escapararte" a arte para promocionar o comercio de Viveiro en novembro

“Escapararte” a arte para promocionar o comercio de Viveiro en novembro

A obra dun grupo de fotógrafos e fotógrafas estará exposta durante todo o mes de novembro en diferentes comercios e establecementos hostaleiros de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, pon en marcha a iniciativa “EscapararArte Comercio e Cultura”, un proxecto no que os comercios de Viveiro converteranse nunha gran sala de exposición cultural.

A iniciativa conta ademais coa colaboración da asociación “Viveiro Centro Comercial Histórico (CCH)” e da asociación fotográfica “Os Negativos”. Deste modo, o Concello de Viveiro e estas dúas asociacións brindan aos fotógrafos e fotógrafas a oportunidade de expoñer por toda a vila. O obxectivo do goberno local é tecer redes entre as diferentes asociacións e institucións, traballando pola cultura e comercio de forma conxunta á vez que se achega a arte á rúa.

Deste modo, a obra dun grupo de fotógrafos e fotógrafas estará exposta durante todo o mes de novembro en diferentes comercios e establecementos hostaleiros de Viveiro. Os artistas son Juan Ocaña, Guillermo Pazos, María Castro, Pedro Michelena, Jose Manuel García, Tonete López, Xan Fernández, Antonio Masafret, Javier Freitas, Antonio Vázquez, César Cancelos, Paco López e José Emilio.

Respecto aos escaparates, as obras colocaranse nos seguintes establecementos: Administración Loterías, Cafetería Cantábrico, Cocolatte, Confecciones Justo Vázquez, Don Balon, Famarcia Dolores Casariego, Fontana, Futures, Grafity, Iglesias Muebles, Irimia, Kalea Platería, Kody, Librería Porta da Vila, Mapfre Seguros, Mimimo, Moviltom, Muebles Catá, Muebles Sampe, Nautica Beagle, Oficina CCHV, Peluquería Ángeles Salgueiro, Restaurante La Ría, Van Surf Shop e Viajes Eroski.

“Con esta novidosa actividade, pretendemos unir comercio e cultura, polo que a cidadanía poderá gozar nos establecementos comerciais dunha exquisita colección fotográfica”, subliña Lara Fernández Fernández Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

Dende o goberno local agradécese a colaboración dos comercios e locais hostaleiros que participan, así como da xerencia das dúas asociacións participantes. “Agardamos que esta iniciativa continúe nos vindeiros anos para seguir promocionando a nosa cultura e o noso comercio”, engade a edil de Cultura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...